Presentan o MediaCenter 4G de InOutTV como unha nova xeración do lecer multimedia
mércores, 14 de abril do 2010
A pasada fin de semana
InOutTV presentou en España o seu novo produto, o MediaCenter
4G, unha nova solución que busca a coexistencia entre a televisión e
a Internet, concretamente a través dun dispositivo reprodutor multimedia que pode reservarse ao prezo
especial de 149,95 euros, e que inclúe un dobre sintonizador de TDT
de alta definición, saÃda HDMI, lector de tarxetas de memoria e 2 portos USB,
que serven tanto para conectar dispositivos de almacenamento coma un adaptador
Wi-Fi.
O trebello, que véndese sen disco duro (aÃnda que pode instalarse un no seu
interior), reproduce os formatos multimedia máis populares (incluÃndo vÃdeos
MKV de ata 1.080p e son DTS), complementa a recepción/gravación de TDT cos
servizos de guÃa de programación de InOut TV, e incluso conta coa posibilidade
de facer uso de TimeShift.
Podemos destacar que durante as gravación poden establecerse Sincromarcas, de
xeito que os momentos máis destacables dun evento deportivo ou dunha serie de
televisión poden marcarse nos vÃdeos,
para poder acceder a estes intres de xeito rápido e doado.
Espérase que o produto chegue finalmente ao mercado durante a primeira quincena
de xuño, aÃnda que o MediaCenter 4G de InOutTV non chegará á súa versión
definitiva ata finais do verán.
VÃdeo da presentación do novo produto de InOutTV