Presentan no CES unha impresora 3D que custará só 499 dólares
mércores, 8 de xaneiro do 2014
- A impresora 3D de XYZprinting pode verse estes dÃas no CES de Las Vegas
Esta semana no Consumer Electronics Show (CES) de La Vegas a
impresión 3D tamén atopou o seu curruncho, destacando especialmente a presenza
da empresa XYZprinting Inc., que está especializada nunha achega asumible a
esta tecnoloxÃa, o que demostrou ao amosar ao público a súa nova impresora 3D da Vinci,
deseñada pensando no seu uso en fogares e pequenas empresas, e que consegue
conter o seu prezo en 499 dólares (366,83 euros).
- A impresora 3D permitiranos crear pequenas figuras mediante filamento fundido
A impresora 3D da Vinci é capaz de crear figuras de ata 19,8 x 19,8 x 19,8
centÃmetros empregando filamento fundido, e busca en todo momento ser dun uso
doado, de xeito que funcionará con só conectala a un ordenador. Para poder dar
os primeiros pasos coa impresión 3D dende XYZprinting facilitan o acceso a unha
base de datos na nube con centos de modelos 3D que poder personalizar e a impresión pode realizarse empregando
cartuchos de filamento de 12 cores distintas (sendo doada a carga dos cartuchos
e o cambio de cores).
Os interesados en facerse cunha impresora 3D da Vinci poden xa encargala,
esperándose que comecen os envÃos aos usuarios finais a mediados do mes de
marzo, cando tamén agardan abrir as súas vendas a través de tendas en liña como
Amazon.com.
- A impresora 3D da Vinci fará asumible a súa tecnoloxÃa grazas a un prezo de 499 dólares