Poñen á venda un cargador USB que converte o noso vehÃculo no Coche Fantástico
xoves, 9 de xullo do 2015
A celebración da Comic Con de San Diego parece ser a
desculpa perfecta para dar a coñecer accesorios electrónicos bastante curiosos,
e tras o
comunicador de Star Trek con
Bluetooth chéganos agora o
cargador USB para o automóbil inspirado en K.I.T.T.
(El Coche Fantástico) que xa está
dispoñible a un prezo de 29,99 dólares (27,16 euros), lembrando a outro
produto semellante que tiveran bastante éxito no pasado: o cargador USB para o coche con
forma de condensador de fluzo.
O cargador USB vén a ser un adaptador que converte a corrente do acendedor do
automóbil en dúas tomas USB tipo A cunha intensidade máxima de 1 Ampere que
para facelo máis atractivo para os seareiros das aventuras televisivas de Michael
Knight nos anos 80 integra 11 frases de K.I.T.T.
que se reproducen á vez que se ilumina o vúmetro que representaba a voz do
vehÃculo intelixente. Para evitar que a curiosidade poida converterse nun
martirio, o cargador tamén conta cun interruptor que permite enmudecer o
trebello.
- O cargador dá a impresión de que transformamos o noso automóbil en K.I.T.T.