Os xogos e concursos terán unha numeración de seu para as mensaxes de texto

martes, 30 de abril do 2013 Marcus Fernández

Dende a Comisión do Mercado das Telecomunicacións advirten de que, tras o novo regulamento do xogo en España, veñen de realizar a primeira asignación de números curtos para o envío de mensaxes de texto Premium para concursos e xogos, que comezarán por 23 e 33 e terán 5 cifras, distinguíndose polo seu prezo, que será de ata 1,20 euros no caso dos que comecen por 23 e de máis de 1,20 euros de empezar por 33 (prezos aos que habería que engadir o IVE).
Polo momento a CMT aprobou 96 números deste tipo, que convivirán cos antigos SMS Premium (que comezaban por 25, 27, 35 e 37) durante 3 meses, prazo tras o que continuarán en servizo, pero non para concursos e xogos. Deste xeito facilitarase a identificación dos servizos e prezos que se ofrecen a través destes servizos de telefonía móbil, aínda que o operador que envía as mensaxes Premium tamén deberá informar aos seus clientes a través dunha mensaxe de balde do prezo final que terá a mensaxe con prezo adicional (e nalgún tipo de SMS Premium será precisa dunha dobre confirmación).

PUBLICIDADE