Os ultraportátiles baratos de Asus gañan popularidade en España
venres, 22 de febreiro do 2008
- Cada vez hai máis Eee en España
Se o iPhone foi o móbil
máis desexado durante 2007, o Asus Eee PC parece ser o equipo informático máis
prezado no presente ano, non por ter unhas prestacións técnicas impresionantes,
senón por ter unha alta portabilidade e un prezo moi axustado, que coma no caso
do móbil de Apple, se resiste a chegar a España por canles oficiais.
Asustek decidiu que o seu ordenador de baixo custo se espallará xeograficamente
dun xeito paulatino, para poder adaptar o seu software (unha distribución de
Linux chamada Xandros) ós idiomas de cada paÃs, polo que ata o momento só está
dispoñible en mercados asiáticos e anglofalantes.
Pero estas limitacións xeográficas parecen non responder axeitadamente á
realidade, xa que hai bastantes españois que están
a encargar os Asus Eee a tendas británicas e chinesas. Podemos asà mercar
as versións inglesas do Eee
700 e 701 a 349,95
e 365,52 euros respectivamente,
mentres que en tendas
taiwanesas o prezo baixa dos 300 euros.
- Instalación do Windows XP no Eee
Trala adquisición, resulta
relativamente doado cambiar
o idioma do ultraportátil ó español, aÃnda que parece que o
uso de Linux neste equipo non é a mellor experiencia posible por contar cun
software que conta con pouco soporte por parte de Asustek (as actualizacións
destacan pola súa ausencia) de aà que certos
usuarios prefiran instalar Windows XP no equipo (para o que normalmente fan
unha redución
para que ocupe o mÃnimo posible, e no Xapón xa hai equipos
co XP preinstalado) ou mesmo Mac OS X.
Resulta curioso coma un equipo que tampouco resulta tan económico (non
esquezamos que nas tendas hai portátiles completos por 399 euros) está a
acaparar tanta atención, e está a provocar a reacción doutros fabricantes, que prometen equipos a prezos
máis reducidos, e aÃnda que nun principio parecen ser ordenadores para cativos,
ó final se están a converter nunha alternativa económica a outros UMPC.