Os novos portátiles de Samsung chegarán a España o vindeiro luns

xoves, 22 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

O vindeiro día 26 chegará ao mercado español os novos ordenadores portátiles Samsung Galaxy Book4 (presentados o pasado decembro), que inclúen os modelos Ultra, Pro e Pro 360, para adaptarse a distintos perfís de usuario, sempre coa vista centrada na produtividade.
O Galaxy Book4 Ultra está equipado cun procesador Intel Core Ultra 9/7, que combina CPU, GPU e NPU nun único dispositivos, así como a seguridade dos chips Samsung Knox para protexer os datos críticos do sistema por separado.
Os Galaxy Book4 Ultra e Pro poden equiparse con pantallas táctiles Dynamic AMOLED 2X, ofrecendo así cun contraste nítido e cores vivas, que con Vision Booster conseguen incluso que a pantalla poida verse baixo a luz do sol. Tamén contan cun deseño fino e lixeiro, apostando así por unha grande portabilidade.
O fabricante confía en que a chegada a España destes portátiles sexa todo un éxito, pois no mercado surcoreano venderon 1,5 veces o que a súa anterior xeración durante a súa primeira semana no mercado.

PUBLICIDADE