Os novos OnePlus 9 contarán con cámaras calibradas por Hasselblad
luns, 8 de marzo do 2021
Cando Huawei sumou forzas con Leica conseguiu facer destacar
as cámaras dos seus móbiles, que foron incorporando innovacións até converterse
en lÃderes no sector, e tal estratexia parece ter convencido a OnePlus, compañÃa
chinesa que o vindeiro 23 de marzo presentará os seus novos OnePlus 9, familia
de smartphones que incorporará cámaras calibradas polo reputado fabricante de
cámaras sueco Hasselblad, o que pode significar un antes e un despois para
OnePlus.
Polo momento OnePlus está a
publicar material promocional relativo á súa alianza con Hasselblad, deixando
claro que confÃan na forza da marca sueca, aÃnda que en poucos dÃas poderemos
saber en que se traduce, xa que demostrarán como o traballo de Hasselblad non
se limitará a unha calibración de cor avanzada, senón que tamén poderán
incorporar modos de disparo profesionais que adoptarán unha interface de
usuario deseñado por Hasselblad, á vez que tamén poderÃan gozar de gravación de
vÃdeo con HDR mellorada (soportando tanto gravacións 4K a 120 imaxes por
segundo e 8K a 30 imaxes por segundo).
Polo que se deixa ver no material promocional, o traballo de Hasselblad estará
presente en cámaras traseiras cuádruplas, que presumiblemente corresponderán
aos móbiles de máis alta gama de OnePlus.
Un dos vÃdeos promocionais da alianza entre OnePlus e Hasselblad