
Ademais, o CEIP do Carballal tamén obtivo premio (na sección primeiro ciclo de Primaria) pola súa reportaxe sobre As praias de Marín, e o IES de Cacheiras co documental Espazos abertos, na categoría de Bacharelato e ciclos formativos. A esta importante presenza galega cómpre engadir o papel despregado polas rapazas e rapaces do IES Agra de Orzán, que conseguiron o primeiro premio das reportaxes (modalidade Bacharelato e ciclos) coa súa reportaxe Hoxe dicimos basta.
Na sección de spots, o IES de Cacheiras logrou outro recoñecemento coa peza anti-violencia de xénero Non prescindas de ti (modalidade de Bacharelato e ciclos).
O certame eMove, tamén coñecido como Festival Escolar e Universitario das Artes Audiovisuais, está impulsado pola Federación de Academias e Produtoras e na última edición competiron centros educativos de toda España. Dende a organización deste certame salientaron “o alto nivel de calidade audiovisual das pezas participantes. Un gran traballo o dos estudantes que participaron, que fixeron que a tarefa de elixir os gañadores sexa máis complicada ca nunca”.
Tanto os centros da nosa terra como os do resto do ámbito estatal recibirán cadanseus galardóns o vindeiro 19 de outubro en Kinépolis (Madrid).
Os centros educativos galegos copan o palmarés do festival eMove
Compartir Este Artigo

