Ocean’s renova as súas tarifas tras pasar baixo o control de MásMóvil
mércores, 19 de febreiro do 2020
O operador de telecomunicacións coruñés Ocean’s Network,
coñecido inicialmente polos seus prezos agresivos e a súa orientación a un
público mozo, quedou finalmente na memoria de moitos por un incidente sen
precedentes: deixar
de dar servizo durante varios dÃas aos seus clientes por impagamentos
prolongados a Telefónica. Tras desvelarse a situación de Ocean’s non
sorprendeu que en outubro de 2018 a empresa entrase en
concurso de acredores, e esta situación parece ser aproveitada por MásMóvil
para entrar en Galicia, xa que o grupo de telecomunicacións vén de facerse coa
unidade produtiva do operador, concretamente co control
dos activos orientados ao segmento residencial e ao de empresas de Ocean’s.
Este operador móbil virtual renova agora a súa web, onde detallan que «Oceans é
unha marca rexistrada de Xfera Móviles S.A.U., propiedade do Grupo MásMóvil, o
cuarto operador de telefonÃa de España» e na que podemos ver as súas novas tarifas móbiles, que
parten de liña móbil con 100 minutos en chamadas por 3,50 euros mes e chegan
até liñas con chamadas ilimitadas con 30 GB de datos por 24,95 euros/mes. Estas
tarifas carecen de compromisos de permanencia e operan baixo a cobertura de
Orange.