O2 chega a un acordo con Correos
martes, 12 de febreiro do 2019
O operador de baixo custo de Telefónica, O2,
vai experimentar grandes cambios o vindeiro dÃa 18 pois, aparte dunha baixada
de prezo en boa parte do territorio (lembremos que en
Vigo os seus servizos eran máis baratos que no resto de Galicia), tamén vai
comezar a comercializarse
a través das oficinas de Correos, ou sexa, que contará cunha rede de 2.396
oficinas, facilitando asà a súa contratación por parte de usuarios que queiran
realizar o trámite da alta nun establecemento fÃsico. Até o momento os únicos establecementos
fÃsicos que facilitaban a contratación de O2 eran as tendas da cadea
MediaMarkt (5 en Galicia).
Actualmente O2 limita a súa oferta a liñas móbiles con 20 GB de
datos e chamadas ilimitadas por 20 euros/mes e unha tarifa combinada que tamén
conta con fibra óptica simétrica de 100 Mbps e liña fixa (con chamadas
ilimitadas a números fixos) por 50 euros/mes.