O ultraportátil MSI U120 incorpora HSDPA
venres, 10 de outubro do 2008
AÃnda que os
ultraportátiles de baixo custo estean a ter moi boas vendas, os seus propios
fabricantes xa comezan a lanzar equipos seguindo os patróns de tamaño, peso e
autonomÃa, pero mellorando as súas prestacións, o que supón que se perde a
etiqueta de baixo custo como é o caso
do MSI
Wind U120, que funciona cun procesador Intel Atom, conta cunha
pantalla de 10 polgadas e se pode equipar cun disco duro de 120 Gb ou con
discos de memoria sólida de 20 ou 40 Gb, pero que aparte tamén ten Wi-Fi (compatible
co estándar IEEE 802.11n), Webcam e un modem HSDPA integrado, de xeito que con
só meter a tarxeta SIM da nosa operadora xa podemos acceder á Rede dende case
calquera lugar.
Este pequeno portátil sairá en decembro e por mor das súas melloras terá un
prezo de preto 600 dólares (mentres que os seus irmáns pequenos tenden aos 400
dólares).