O reitor da UDC inaugura este venres no CITIC o Foro de Interacción Matemática Industria

xoves, 3 de xuño do 2021 S. P.

Este venres 4 de xuño abre as súas portas o XIV Foro de Interacción Matemática Industria no edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, entidade colaboradora da xornada. Esta será inaugurada polo reitor da UDC, Julio Abalde.
Estamos perante un encontro organizado polo Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), impulsado polas tres universidades galegas. Ao seu abeiro, impúlsase e móstrase en cada edición o relevante traballo dos grupos de investigación en Matemática Industrial das áreas de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas co obxectivo de ligar a tecnoloxía matemática á industria e ao sector produtivo.
A temática desta convocatoria xira arredor das novas solucións en sectores económicos como a banca, a evolución de contornas naturais e o benestar animal, a percepción social de produtos de consumo, a fabricación avanzada e a Intelixencia Artificial aplicada á sanidade a raíz da COVID-19.
Programa
-09:30 Apertura do XIV Foro de Interacción Matemática Industria.
Julio Abalde Alonso, reitor da Universidade da Coruña.
Salvador Naya Fernández, presidente de ITMATI e vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC.
Manuel González Penedo, director do CITIC e catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC.
-09:55 ITMATI: Un modelo de éxito para transferir tecnoloxía matemática e innovación á industria. Rubén Gayoso Taboada, xerente de ITMATI.
-10:25 Solución de reporting regulatorio líder do sector financeiro español. Álamo Consulting, Adrián Pacheco Paz, xefe de Equipo.
-10:55 Sensometría, a análise de datos en percepción sensorial. TasteLab. Maruxa Quiroga García, CEO & Co-founder.
-11:25 Pausa/Descanso
-11:40 Fabricación avanzada con Intelixencia Artificial” Tecdesoft, Adriel Regueira Suárez.
-12:10 Arquitectura FIT-QNT Sistematización do acceso ao cálculo intensivo. Almis, Aitor Biain Galdos, xerencia Almis.
-12:40 Desenvolvemento de modelos preditivos de evolución de contornas naturais e benestar animal en contornos físicos multifactoriais naturais sen intervención humana. Grupo Nova Pescanova, Guillermo Renancio Artal, director de Expansión, Tecnoloxía e Alianzas do grupo.
-13:10 COVID-19, necesidade e oportunidade para o avance da IA en Sanidade. SDG Group, Maurizio Sanarico, responsábel de data science de SDG Group.
-13:40 Presentacións do Mestrado de Matemática Industrial (M2i) e do Mestrado en Técnicas Estatísticas (MTE), Elena Vázquez Cendón, coordinadora xeral M2i. ITMATI/USC, Julio González Díaz, coordinador xeral MTE. ITMATI/USC.
-14:00 Preguntas
-14:05 Clausura Foro

PUBLICIDADE