O proxecto europeo HERIT colle impulso este martes no CITIC
luns, 23 de maio do 2022
O
Centro
de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acollerá o
martes 24 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo
HERIT: Heritage
Efficient management through Relevant IT use, no que participa o
centro galego xunto co CUFIE e o Grupo de Estudos Territoriais da UDC
e outras seis entidades europeas. HERIT é un proxecto financiado
polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo “impulsar as
competencias dixitais de propietarios/as privados/as de casas
históricas, axudándolles a facer fronte ao impacto da pandemia no
turismo cultural”.
O
elemento central de HERIT é a creación dun curso en liña masivo e
aberto (MOOC) destinado ás persoas propietarias de casas históricas.
No proxecto o CITIC aportará a súa experiencia na posta en marcha
de ferramentas dixitais dirixidas á formación. Así, a través
deste curso, os/as participantes poderán adquirir habilidades e
coñecementos axeitados para manter os seus edificios históricos en
materia de desenvolvemento empresarial, marco normativo e xurídico,
etc.
O
acto de apertura contará coa presenza do director do CITIC e
catedrático de IA na UDC, Manuel F. González Penedo, e o
coordinador de proxectos da European Landowners’’ Organization, Daniel
Monteleone.
A
investigadora Laura Nieto lidera o grupo de investigadores/as do
CITIC que toman parte no proxecto. As demais entidades participantes
son a European Landowners Organization e European Historic Houses de
Bélxica, a Asociace Majitelů Hradů a Zámků de República Checa,
Invasioni Digitali de Italia, a Université Paul-Valéry Montpellier
de Francia, e On Projects de España.