O programa Galegas Dixitais prosegue a súa xira de formación polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo

luns, 7 de agosto do 2023 S. P.

A Xunta impulsou esta tempada un proxecto de formación transformadora e de balde para mulleres desempregadas de municipios con menos de 30.000 habitantes. Trátase de Galegas Dixitais, iniciativa de capacitación tecnolóxica que pon o foco nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
O programa conta co financiamento da Unión Europea NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Organizado por Beproject Consultores e Ara Formación, ten como obxectivo concreto “mellorar as capacidades dixitais das participantes”. No Facebook de Galegas Dixitais podemos consultar o calendario de actividades. A seguinte xeira será estes meses de agosto e setembro en Ponteareas. A actividade comeza o día 17 de agosto e remata o 26 de setembro.
As mulleres que se inscriban nesta iniciativa poderán obter os seguintes resultados:
-Aprender a usar as novas tecnoloxías tanto para o día a día como para o seu traballo ou negocio.
-Mellorar a súa capacidade de empregabilidade.
-Levar un ordenador portátil totalmente gratuíto.
Participar neste programa é totalmente de balde xa que o programa está promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiado a través dos fondos Next Generation EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

PUBLICIDADE