O mando Pro da Switch funcionará en dispositivos con Android 10
xoves, 7 de novembro do 2019
Cada
vez hai máis xogos para smartphone e tableta que están adaptados para permitir
o seu manexo con mandos Bluetooth, e dado que é moi probable contar xa cunha
consola de videoxogos na casa cos seus respectivos mandos, Android conta dende
hai tempo con soporte para os mandos sen fÃos da PlayStation 4 e da Xbox One S
e X, e agora veñen de dar conta da introdución
en Android 10 de soporte para o mando Pro da Nintendo Switch, o que é unha
magnÃfica nova para quen conte con este periférico, xa que asà vai poder
empregarse non só na consola de Nintendo, senón tamén en dispositivos coa
última versión de Android.
Ao estarmos ante un mando con conectividade Bluetooth xa era posible emparellar
o mando Pro a dispositivos con Android, pero o seu funcionamento non era
axeitado, e coa súa incorporación oficial a Android temos que se recoñece sen
problema o mapeado dos seus botóns, de xeito que os xogos de Android
recoñecerán correctamente o mando máis tradicional da Nintendo Switch.