O iPhone achegase á televisión e aos blogueiros

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O móbil de Apple que tanto tardou en chegar a España non precisaba publicidade para converterse nun produto de grande éxito, pero iso non impide que Movistar finalmente anuncie o iPhone 3G en televisión, comezando a emisión dos spots o pasado luns. Os anuncios presentan un formato idéntico ao emitido en televisións norteamericanas, pero personalizando a información na pantalla do móbil con referencias locais (Google Maps emprégase para ver localización madrileñas, no CoverFlow se ven portadas de discos de Dover e Najwajean, a web na que se proba o Safari móbil é a de ElPaís.com e os nomes dos contactos telefónicos son españois). Polo momento xa se puideron ver 2 destras promocións:


Pero non é a única novidade que nos traen para o iPhone nas últimas horas, senón que moitos usuarios tamén están eufóricos ante a aparición dunha aplicación nativa pra o iPhone (descargable de balde dende a AppStore) que permite publicar entradas en blogs elaborados coa plataforma WordPress (unha das máis usadas a nivel mundial), sendo compatible con blogs con WordPress 2.5.1 ou superior (incluíndo a última versión de WordPress MU).
A nova aplicación permite editar e publicar entradas, e mesmo incorporar imaxes tomadas co iPhone aos nosos blogs, pero hai que indicar que está moi ver pois, entre outras cousas, presenta problemas cos caracteres internacionais (eñes, tiles, signos de puntuación...) que provoca erros ao intentar publicar anotacións en español ou galego, polo que se agarda que en breve lancen unha actualización da que posiblemente sexa a aplicación para o iPhone que gañou sona en menos tempo ata o momento.

Vídeo de presentación da nova aplicación para o iPhone

PUBLICIDADE