O alumnado de bacharelato do Liceo A Paz coñece as tecnoloxÃas avanzadas do CITIC
martes, 22 de novembro do 2022
O
pasado mércores 16 de novembro, a sede en Elviña do CITIC
(Centro de Investigación TIC da UDC) recibiu a visita dun grupo de
nove estudantes e dúas profesoras de bacharelato do CPR Plurilingüe
Liceo A Paz da Coruña, para coñecer a actividade do centro. A
visita empezou cunha presentación do CITIC por parte do responsábel
de Sistemas do centro, Alejandro Mosteiro. Logo, os estudante
acudiron ao CPD (Centro de Procesado de Datos) para coñecer en
detalle o seu funcionamento.
Continuaron
co novo laboratorio de Realidade Virtual e Localización, no que se
levou a cabo unha unha demostración do Optitrack, un sistema de
captura de movemento baseado en cámaras, e presentouse o equipo de
Realidade Virtual e Realidade Aumentada, con equipamento que permite
a marcha sen desprazamento para simular camiñar por escenarios
virtuais.
A
continuación, os estudantes acudiron ao laboratorio de Impresión
3D, onde o responsábel de Sistemas explicou as diferentes
tecnoloxÃas de fabricación aditiva coas que conta o centro;
puideron ver en marcha a impresora de extrusión de filamento e
aprenderon como funciona a impresión SLS (sinterización selectiva
por láser) e o postprocesado a través da estación de recuperación
de po, que permite a reutilización do material de impresión.
A
visita finalizou no Demostrador Tecnolóxico para probar algunhas das
contornas de realidade virtual desenvolvidos no centro no ámbito da
tecnoloxÃa aplicada á saúde. Tamén tiveron a oportunidade de
interactuar con varias propostas comerciais orientadas ao lecer.
- Os participantes na visita reunidos na entrada do CITIC