O ZTE AXON protexerá a súa pantalla dos microbios
martes, 21 de xullo do 2015
Normalmente cando falamos de pantallas con protección
Corning Gorilla Glass referÃmonos a un recubrimento que protexe as pantallas
dos nosos dispositivos electrónicos contra golpes e rabuñaduras, pero Corning
anunciou hoxe que o
novo smartphone chinés ZTE AXON inclúe unha nova versión desta tecnoloxÃa que
tamén inclúe protección contra os microbios, de xeito que evita que as
pantallas táctiles reteñan partÃculas que xeran fedor e sucidade.
O ZTE AXON destacarÃa asà por ser o
primeiro teléfono en incorporar Antimicrobial
Corning Gorilla Glass na súa pantalla de 5,5 polgadas, asegurándose dende
Corning que a súa tecnoloxÃa contribuirÃa á protección do terminal móbil
durante toda a súa vida.
Esta solución resulta especialmente interesante se
temos en conta que as pantallas dos smartphones están con moita frecuencia en
contacto dos nosos dedos e caras, polo que optimizar a súa hixiene poderÃa ser
unha medida bastante prudente.
Obviando a tecnoloxÃa de Corning, o ZTE AXON é un smartphone bastante
interesante, cunha pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440
pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 8 núcleos a 2,0 GHz, 4 GB de
RAM, 32 GB de almacenamento interno, cámara traseira de dobre obxectivo (13 e 2
MpÃxeles), sensor retroiluminado e dobre flash LED, cámara frontal de 8
MpÃxeles, baterÃa de 3.000 mAh con Qualcomm Quick Charge 2.0, Android 5.1, un
grosor de 9,4 milÃmetros, un peso de 173 gramos e carcasa en dourado, prata ou
azul. Un auténtico móbil insignia que é de agardar que pronto poidamos ver no
noso territorio.