O Qualcomm Snapdragon 855 abrirá a porta ao 5G nos móbiles
mércores, 5 de decembro do 2018
Anticipándose ao lanzamento das primeiras redes 5G a
comezos de 2019 dende Qualcomm presentan
a nova familia de procesadores Snapdragon 855, que será a primeira plataforma
móbil comercial que soportará o 5G multi-gigabit e utilizará tecnoloxÃa de
fabricación de 7 nm, situándose na vangarda tecnolóxica tanto pola súa grande
conectividade e potencial como polo seu rendemento que consegue unhas maiores
autonomÃas.
A plataforma móbil Snapdragon 855 está equipada con modem 5G Snapdragon X50, de
xeito que consegue tanto tirar proveito da mellor conectividade 4G multi-gigabit
como agregar as bandas de frecuencia mmWave e 5G por debaixo dos 6 GHz,
conseguindo asà velocidades sen precedentes.
Aseguran que o uso de mmWave poderÃa permitir multiplicar por 20 a velocidade
media de conexión en comparación coas solucións comerciais actuais, o que
abrirá a porta a novas experiencias en ámbitos como os videoxogos ou a
realidade virtual e aumentada, asà como coas comunicacións en vÃdeo en tempo
real.
O procesador Qualcomm
855 consegue un desempeño até un 45% superior que a plataforma insignia da
anterior xeración; a súa gráfica Adreno 640 mellora até un 20% o seu
rendemento; integra un motor de intelixencia artificial multinúcleo; e conta
cun procesador de imaxe para cámaras que permite captar vÃdeo 4K con HDR a 60
imaxes por segundo (soportando incluso HDR10+) e mesmo integra aceleración para
a codificación en formato HEIF (permitindo que os contidos cheguen a ocupar a
metade).
O Snapdragon 855 tamén será a primeira plataforma móbil en soportar o novo
Qualcomm 3D Sonic Sensor, un lector de pegadas ultrasónico que pode colocarse baixo
a pantalla dos móbiles, conseguindo asà aproveitar mellor o espazo da súa parte
frontal.
Temos asà que aÃnda que o 5G vaia tardar bastantes meses en ser unha realidade,
en 2019 haberá moitos smartphones de alta gama que incorporando un procesador
Qualcomm Snapdragon 855 poderán estar preparados para as comunicacións do
futuro.
VÃdeo de presentación da plataforma Qualcomm Snapdragon 855