O Plan de dixitalización da Xunta destina 6 millóns de euros á internacionalización
luns, 18 de maio do 2020
O conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria, Francisco
Conde, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol DÃaz
Mouteira, mantivo hoxe unha videoconferencia coa Confederación de Empresarios
de Ourense, na que lles trasladou as novas medidas que o Goberno galego está
activando para iniciar a recuperación económica e paliar as consecuencias da
crise derivada da COVID-19. Destacan
os apoios por un importe total de 6 millóns de euros para a
internacionalización de pemes, comercio e autónomos a través do Plan de
dixitalización, a chave que permitirá abrir novos mercados e reactivar a
economÃa galega.
AsÃ, o programa Galicia Exporta Dixital, que está en marcha
con 2 millóns de euros de orzamento, reforzarase cunha nova convocatoria a
finais de xuño que lle permitirá sumar outros 4 millóns de euros. Está dirixido
a pemes, comercios minoristas e autónomos que, en concorrencia non competitiva,
poderán acceder a apoios de ata o 80% nos seus proxectos de
internacionalización dixital como selección de mercados e canles de vendas,
plans de mercado electrónico, asesoramento xurÃdido e legal, adquisición de
equipos de última xeración, creación de tendas e catálogos en liña, campañas de
posicionamento e servizos de call center internacional.
Con esta iniciativa, preténdese adaptar os negocios á
situación xerada polo Covid-19, utilizando a dixitalización como a panca que
reactivará a posición de Galicia nos mercados internacionais, abrindo novas
oportunidades para mellorar a competitividade do tecido empresarial.
A medida forma parte do Plan de dixitalización que a Xunta
acaba de aprobar e que mobilizará 40M€. Ademais das axudas á internacionalización,
inclúe apoios para a adquisición de material e desenvolvemento de procesos
produtivos que permitan dixitalizar as empresas; facilitar o teletraballo; e
impulsar a dixitalización tanto no eido da economÃa social, como nos proxectos
do rural e no comercio de proximidade.
Ademais de explicar estas novas medidas, durante a
videoconferencia Conde interesouse por como se está desenvolvendo a volta á
actividade no tecido empresarial da provincia de Ourense -que alberga un dos
maiores parques industriais de Galicia, o polÃgono de San Cibrao das Viñas- e
quixo contar coas achegas do empresariado ourensán para superar esta situación.
Conde tamén lembrou que o Goberno galego está afrontando o
contexto actual desde a prevención -co reparto de preto de catro millóns de
máscaras no tecido empresarial, a elaboración de guÃas de seguridade e saúde
laboral ou liñas de axudas por 7,5 millóns de euros para a fabricación de
material sanitario e de protección en materia laboral-; a inmediatez, con
apoios para inxectar liquidez a pemes e autónomos e aliviar as cargas fiscais;
con transparencia e información, grazas á posta en marcha da xanela única do
Igape Responde; e desde a anticipación, consultando a expertos e aos principais
axentes económicos e sociais para deseñar as mellores medidas que permitan
iniciar a recuperación canto antes.