O Nokia X7 chegará cun novo Symbian
martes, 12 de abril do 2011
- O Nokia X7 estrearase cunha grande pantalla e un sistema operativo renovado
A operadora
británica Three amosou
en primicia o novo móbil de Nokia, o X7, un terminal con pantalla táctil AMOLED
de 4 polgadas, cámara de 8 MpÃxeles con flash LED dual e zoom (capaz de gravar
vÃdeo en HD), procesador a 680 MHz, 256 Mb de RAM, 1 GB de ROM, 8 Gb de almacenamento
(na tarxeta de memoria que inclúe de serie), sistema operativo Symbian Anna
(renovación do Symbian^3 con caracterÃsticas como un teclado QWERTY apaisado,
un navegador web mellorado e mellor integración coas redes sociais) e un prezo libre de 380 euros
(antes de impostos e subvencións), agardándose o seu lanzamento no presente
trimestre.
Ao
Nokia X7 non lle faltan pantallas de inicio personalizables (para poder
presentar información actualizada dos novos correo electrónico, a nosa
mensaxerÃa instantánea, a nosa actividade en Facebook e Twitter, titulares coas
novas de actualidade e moita máis información), navegación GPS de balde (con
Ovi Mapas) e acceso a servizos de Web TV.
VÃdeo de presentación de Three do novo Nokia X7