O Motorola Razr estrea versión con 5G
mércores, 9 de setembro do 2020
Pese á
expectación creada pola presentación do Motorola Razr, polo seu concepto curioso
de smartphone encartable, a
súa chegada ao mercado a un prezo elevadÃsimo (1.599 euros) e cunhas
especificacións de móbil de gama media (que merecerÃan un prezo de entre 200 e
300 euros) auspiciaban unha mala acollida para este dispositivo que á hora da
verdade foi comercialmente irrelevante. Pero Motorola non quixo tirar a toalla,
e decidiu que a súa nova versión con conectividade 5G corrixirÃa algunhas da
súas carencias.
Temos asà que o Motorola
Razr 5G mantén a mesma proposta estética e funcional, trasladando o concepto
de teléfono de cuncha a un smartphone con pantalla encartable, pero actualizando
o seu procesador a un Qualcomm Snapdragon 765G (o máis popular entre os móbiles
5G dun rango de prezo de entre 300 e 400 euros), a súa RAM (pasa de 6 a 8 GB),
o seu almacenamento interno (pasa de 128 GB a 256 GB) e as súas cámaras, que
son probablemente o elemento no que máis mellora o terminal, que agora conta
cunha cámara traseira de 48 MpÃxeles con estabilización óptica de imaxe e unha
cámara frontal de 20 MpÃxeles, de xeito que non resultará tan frustrante como o
modelo anterior (que disparaba instantáneas propias dun móbil de gama baixa).
Curiosamente estas melloras, en vez de encarecer o móbil veñen acompañadas por
unha baixada de prezo até os 1.499 euros, o que segue a ser moi esaxerado,
especialmente se o comparamos coa versión 5G do Samsung Galaxy Z Flip, que non só
ofrece unha experiencia de uso moi superior, senón que tamén está equipado cun
procesador Qualcomm Snapdragon 865 Plus 5G, polo que pode considerase un
auténtico móbil de gama alta, mentres que o de Motorola segue a ter unhas
prestacións propias dun gama media.
VÃdeo promocional do Motorola Razr 5G