O Logitech Crayon adáptase ao novo iPad
mércores, 19 de outubro do 2022
A presentación do novo iPad básico trouxo unha desagradable sorpresa,
pois de querer usar a tableta cun lapis dixitalizador hai que facerse cun Apple
Pencil de primeira xeración, que custa 119 euros e que cárgase mediante un
conector Lightning, de xeito que precisarÃa dun adaptador para cargarse
directamente no iPad. Pero dende Logitech souberon reaccionar a tal situación,
e renovaron o seu lapis dixitalizador máis económico, o Logitech
Crayon para iPad, para mudar o seu conector de carga por USB-C, custando
este accesorio 79,95 euros.
Este lapis dixitalizador para iPad ten menos prestacións que Apple Pencil
(principalmente perde a sensibilidade á presión), pero pode resultar moi
práctico para un uso básico e, moi especialmente, por parte de cativos, xa que
un dos detalles que coida é a súa resistencia.
O Logitech Crayon ten unha autonomÃa de até 7 horas cunha única carga, conéctase
ao iPad ao instante, e incluso ten un deseño ergonómico que impide que rode (evitando
asà que poida perderse de caer ao chan).