O Lérez UP acadou 3.500 visitantes e converteu Pontevedra en cidade gamer
luns, 29 de agosto do 2022
A
área de Xuventude de Pontevedra organizou os días pasados (sábado
e domingo 27 e 28 de agosto) a primeira edición do Lérez
UP
encontro deseñado para os fanáticos dos videoxogos, do manga e
doutras ramificacións culturais. O evento, celebrado no Pazo da
Cultura, veu da man do Concello en colaboración coa Asociación
Gaming Troop, e incluíu obradoiros, charlas, competición e ocio; un
espazo no que “descubrir novos videoxogos, novos e antigos”. Polo
Lérez UP pasaron finalmente máis de 3.500 persoas. En
palabras do conceiro de Xuventude, Alberto Oubiña, “foi un éxito
total".
O
evento repartiu as súas actividades entre o sábado de 11:00 a 21:00
e o domingo de 11:00 a 20:00, Durante a fin de semana celebráronse
torneos de xogos como Tower Fall Ascension, King of
Fighters XV, Tekken 7, Windjammers 2, Mortal
Kombat 11 Ultimate, Soul Calibur VI, Rocket League,
Guilty Gear Stive, MultiVersus¸Fall Guys,
Mario Kart 8 e moitos outros, para os que os participantes
puideron inscribirse durante o evento, mentres que os torneos de
League of Legends, Super Smash Bros e Valorant
xa tiñan as inscricións pechadas. Os premios de todas as
competicóns foron importantess, destacando especialmente a contía
relativa ao Super Smash Bros, que foi de mil euros máis o
bote do rexistro.
Para os amantes dos videoxogos clásicos tamén
houbo unha Zona Retro organizada pola asociación Retro Galaicos, que
fixo rememorar aos asistentes o fenómeno que supuxeron as máquinas
recreativas de finais do século pasado.
Amais
do ámbito máis puramente gamer, houbo torneos de xogos de
mesa (por
exemplo Magic) e máis unha competición Jugger, unha
práctica deportiva que mestura o Quidditch (o xogo aéreo
das novelas de J.K Rowling) e as guerras medievais. A metodoloxía
consiste en introducir a pelota chamada Jugg na base inimiga,
estando todos os xogadores implicados de espadas e escudos.