O Huawei Honor 3 é resistente ao po e á auga
venres, 30 de agosto do 2013
O fabricante de móbiles chinés Huawei continúa a lanzar ao
mercado móbiles cada vez máis atractivo, e o que está a destacar estes dÃas é o
novo Huawei Honor 3, que vén
de saÃr á venda por 1.888 iuans (233,59 euros) e resulta moi prometedor
pois, aparte de vir equipado cunha pantalla IPS de alta definición (720p) de
4,7 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, cámaras de 13 e 1 MÃxeles,
2 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de ata
32 Gb) e Android 4.2, completa a ecuación engadindo resistencia IP57 para a
auga e o po, converténdoo non smartphone moi atractivo.
O Huawei Honor 3 ten unha pantalla táctil de alta sensibilidade que é capaz de
funcionar incluso coas mans molladas, inclúe un emisor de infravermellos para
que poidamos empregalo como mando a distancia universal, Wi-Fi N, Bluetooth
3.0, a súa baterÃa é de 2.150 mAh, o seu grosor de só 9,9 milÃmetros e o seu
peso de 138 gramos. Sen dúbida, un dispositivo a ter en conta se atendemos ás
súas completas especificacións e ao seu prezo axustado.
- O novo móbil de Huawei é resistente á auga