O Foro Autonómico TIC de Gartner celebra a súa primeira edición en Galicia
xoves, 10 de outubro do 2019
A directora da AMTEGA, Mar
Pereira, abriu esta mañá o IV Foro Autonómico TIC de Gartner, o primeiro
que se celebra en Galicia e no que participan os responsables da área de
transformación tecnolóxica doutras sete comunidades autónomas, abordaranse os
retos das administracións públicas para impulsar a transformación dixital no
seus territorios de cara a vindeira década.
A responsable da AMTEGA expuxo no Foro a traxectoria do
actual Goberno galego na dixitalización da Comunidade e avanzou as liñas da
futura Estratexia Dixital de Galicia 2030, que fai foco no posicionamento do
ecosistema dixital galego nas tecnoloxÃas disruptivas. En liña coas directrices
da Unión Europea, o Goberno autonómico apostará na nova folla de ruta polo 5G,
a Intelixencia Artificial, o Big Data ou a Ciberseguridade.
Os analistas de Gartner abordaron aspectos chave para as
Administracións públicas como as estratexias para incluÃr as TIC na axenda
polÃtica, os modelos de financiamento para a transformación dixital ou a
evolución das infraestruturas tecnolóxicas para dar resposta ás demandas
futuras derivadas da dixitalización.
A AMTEGA formalizou este ano un acordo con Gartner para
compartir co sector tecnolóxico o coñecemento de expertos internacional de
primeiro nivel en transformación dixital. A multinacional americana, referente
para a toma de decisión en estratexias de investimento en tecnoloxÃa, tanto
para empresas como para Administracións, está a colaborar coa Axencia
autonómica na elaboración da Estratexia dixital galega 2030.