O Centro GaiásTech acollerá unha sesión sobre IA e LLM

martes, 13 de febreiro do 2024 Redacción

O Centro GaiásTech continúa coa celebracións dos #MércoresDDatos cunha sesión de tarde que terá lugar de 17:30 a 19:30 o vindeiro día 21, acollendo un par de chalas sobre intelixencia artificial que poden ser de interese para calquera público que queira achegarse ao mundo da IA e dos grandes modelos de linguaxe que poden ter un grande impacto na nosa produtividade.
Esta sesión está organizada por AI & Data Insights Hub Galicia, e abre cunha charla titulada AI e Transformación de Proxectos: o seu impacto na produtividade e xestión de obxectivos, na que estudarán o impacto da integración da IA na xestión de proxectos, mudando a produtividade e a eficacia na consecución de obxectivos.
Complétase a xornada cun relatorio sobre Técnicas de cuantificación e Estratexias de execución local de modelos LLM, no que exploraranse as técnicas avanzadas de cuantificación e tipos de estratexias efectivas na execución local de grandes modelos de linguaxe, abordándose vantaxes como a privacidade e o tipo de hardware necesario.

PUBLICIDADE