O CPXG convoca unha bolsa para fomentar traballos xornalísticos multiformato (incluídas as TIC)
martes, 7 de maio do 2013
Agora
que non hai sector profesional ao que non lle afecte a crise, sendo a
profesión xornalística unha das máis prexudicadas, chega
precisamente da man CPXG unha iniciativa para botar unha man dentro
do eido galego da comunicación. Máis polo miúdo, trátase dunha
iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e
Novagaliciabanco “para
promover traballos relacionados coa realidade socioeconómica
galega”.
A primeira edición de iProx,
Iniciativa de Proxectos Xornalísticos, é unha bolsa
á que pode concorrer calquera colexiado do CPXG ou licenciado en
Ciencias da Comunicación ou Xornalismo, tendo
unha contía mínima de 1.000 euros e máxima de 6.000. No
que a Código Cero e a nos temática (TIC) se refire, dicir que as
novas tecnoloxías (webs, redes sociais) estarán no punto de mira
dos responsábeis de iProx.
De
feito, os traballos relacionados cos recursos tecnolóxico-dixitais
constituirán un parte importante do material do que se nutra iProx
para o seu punto de partida, xunto con traballos de reportaxe escrita
xeral, proxectos de radio, audiovisual ou fotográficos. A través
destes proxectos e as súas descricións e orzamentos aproximados os
interesados en beneficiarse de bolsa poderán inscribirse formalmente
en iProx. O
xurado fará unha selección desas primeiras propostas e escolmará
as que considere para unha segunda fase, na que se terá que
describir o proxecto máis polo miúdo. Os traballos poderán ser
presentados por unha ou varias persoas. Un
xurado multidisciplinar, designado pola organización de iProx,
determinará cal é o proxecto ou proxectos elixidos, aos que se lles
asignará unha contía dun mínimo de 1.000 euros e un máximo de
6.000. En calquera caso, a suma total das bolsas non poderá pasar de
6.000 euros. A bolsa non poderá ser declarada deserta.
As
propostas para a bolsa iProx, Iniciativa de Proxectos Xornalísticos
deberán enviarse antes do 14 de xuño de 2013 a: Colexio Profesional
de Xornalistas de Galicia, San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701
Santiago de Compostela por vía postal ou en persoa. Tamén se poderá
facer chegar por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.com. O
fallo do xurado darase a coñecer na primeira quincena de xullo.