O COETTGA reivindica a importancia das telecomunicacións en crises como a actual
martes, 17 de marzo do 2020
- José M. MartÃnez, decano do COETTGA
O Colexio
Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) quere
aproveitar o illamento polo COVID-19 para salientar a importancia dos seus profesionais
a que, como declara o seu decano, José M. MartÃnez, «a conectividade que
prestan as telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou a auga
corrente, posto que a información xa adquiriu o rango de servizo básico».
Destacan que durante esta última semana as compras de dispositivos portátiles,
ordenadores, móbiles ou tabletas disparáronse, aumentando até un 35%.
Igualmente, incrementáronse as descargas ou adquisicións de programas de
software de escritorio remoto como o popular TeamViewer ou semellantes
ofrecidos por Google, Microsoft ou Oracle. Skype cuadriplicou as súas
descargas.
As Telecomunicacións e o teletraballo están contribuÃndo enormemente a
frear a sangrÃa do desemprego, e por conseguinte a que a o sistema económico
global quebre.
«De non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e
todo o traballo, avances e investigacións que levamos feito nas últimas
décadas, as consecuencias desta pandemia global, xa terÃan provocado unha
catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os
coñecemos» – di MartÃnez, quen engade que «todo isto ten unha importante
lectura positiva na nosa Comunidade Autónoma, xa que nos empurra (aÃnda que
teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo
moito máis eficientes e competitivas nas empresas, que unha vez superado este
Estado de Alerta, deberÃamos seguir empregando».
Máis de 150.000 persoas sufriron a vaga de Expedientes de Regulación
Temporal de Emprego (ERTE) nos primeiros dÃas do illamento polo COVID-19. De
non ser pola opción laboral telemática serÃan moitos máis. No mellor dos casos,
vacacións forzosas, no peor, centos de milleiros de empregados ao paro, co
conseguinte impacto socioeconómico.
PEME ou autónomos non requiren de máis adaptación que o aumento do largo de
banda que tamén rexistrou un importante aumento. Asà como as redes privadas
virtuais (VPN) que demandan cada vez máis empresas para potenciar a
ciberseguridade nun entorno de traballo completamente dixital.
Para concluÃr tamén o decano do COETTGA tamén destaca a importancia do Big Data,
a intelixencia artificial ou a Internet das Cousas, que demostran a capacidade
das TIC para favorecer e facer posible a detección precoz das alertas, o
intercambio de datos, a análise da evolución da enfermidade… a mellora da
resposta sanitaria e incluso o desenvolvemento de vacinas e medicamentos.