O CITIC presentou as súas vindeiras accións na súa asemblea ordinaria

venres, 31 de xaneiro do 2020 Redacción

Este xoves 30 celebrouse na Facultade de Informática da UDC a asemblea ordinaria do CITIC, edición 2020, onde se presentaron a todos os membros do centro os resultados e as accións levadas a cabo no anterior período (2016 - 2019) grazas a axuda de Centro Singular de Investigación da Xunta de Galicia nas áreas de goberno, investigación, transferencia e innovación, recursos humanos e formación e divulgación da ciencia.
No transcurso da xuntanza, o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, expuxo as accións planificadas para o vindeiro período (2019 - 2022) grazas á nova acreditación como Centro de Investigación de Galicia.
Segundo fixo saber, as accións máis destacadas pasan pola posta en marcha de programas específicos para a contratación de investigadores pre-doutorais, post-doutorais e mellores expedientes de mestrado; a realización de estadías de investigación en centros nacionais e internacionais de referencia; a asistencia a congresos de excelencia; a publicación de artigos de investigación en Open Access; e a mellora na visualización internacional do centro.

PUBLICIDADE