O CITIC acolle unha xornada sobre as posibilidades do financiamento en cascada en Europa

martes, 24 de maio do 2022 S. P.

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña vai acoller este mes de xuño unha xornada sobre novas formas de impulsar proxectos tecnolóxicos, poñendo o foco nunha metodoloxía que simplifica os procesos administrativos e permite incrementar a contía dispoñíbel dos proxectos no ámbito europeo: a metodoloxía do financiamento en cascada. A cita será o vindeiro 3 de xuño e comezará ás 10.00 cun relatorio de Graciela Garrido (Econet) sobre os novos mecanismos de financiamento que pon en xogo a UE.
A Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding, organizada polo CITIC en colaboración con Econet- FundingBox, ten o obxectivo de ilustrar a grupos de investigación, pemes, midcaps e startups sobre este tipo de financiamento, unha metodoloxía impulsada pola Comisión Europea que se dirixe a impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou fortalecer o desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, Dihgital e o Agrupación Industrial TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.
Programa de actividades
10:00 h.- Benvida (CITIC – Agrupación industrial TIC).
10:15 h.- Introdución aos mecanismos e metodoloxías de financiamento en fervenza desenvolvidas pola Comisión Europea. Relator: Graciela Garrido (Econet).
10:45 h.- As principais áreas con Cascade Funding. Relator: María Gómez-Reino (Econet).
11:15 h.- Pausa-café.
11:30 h.- Oportunidades de Cascade Funding. Presentación de proxectos con open calls abertas no segundo semestre de 2022. Relatores: Inés Arias (FundingBox)- Proxecto i4 Trust; Thomas Wilczek (FundingBox)- Proxecto i- Nergy; Daniel Alonso ( ITI) – Proxecto EUHUB4Data.
12:30 h.- Como solicitar e ter éxito en convocatorias Cascade Funding. A receita do éxito. Relatora: María Gómez-Reino (Econet).
13:30 h.- Rolda de preguntas.
13:45 h.- Peche da mesa (GAIN – Dihgigal).
14:00 h.- Comida- networking.


PUBLICIDADE