O CITIC acolle un simposio internacional estatístico na honra de Ingrid Van Keilegom

venres, 10 de xuño do 2022 S. P.

O vindeiro 15 de xuño o CITIC (Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña) acollerá o International Symposium on Recent Advances in Statistics en honra a Ingrid Van Keilegom, profesora da Universidade KU Leuven. Neste evento, organizado persoal investigador do centro coruñés, oito relatores presentarán traballos relacionado coa investigación da propia Ingrid Van Keilegom.
A sesión terá lugar na Sala Cloud do CITIC de 9:30 a 18:00 h e para asistir é necesario rexistrarse en liña.
Ao día seguinte, 16 de xuño, a profesora Ingrid Van Keilegom recibirá o Doutoramento Honoris Causa pola Universidade da Coruña nun acto que terá lugar ás 12:00 h no salón de actos da Reitorado da UDC e que se poderá seguir de forma online a través de Teams.
Programa
9:30 h.- Apertura da xornada
9:45 h.- Goodness-of-fit tests for statistical models with some recent results. Wenceslao González Manteiga
10:30 h.- Goodness-of-fit tests in proportional hazards models with random effects. Lola Martínez Miranda (traballo conxunto con Wenceslao González Manteiga e Ingrid Van Keilegom)
11:15 h.- Pausa café
11:45 h.- Robust tests for the comparison of regression curves. Juan Carlos Pardo (traballo conxunto con Graciela Boente)
12:30 h.- Nonparametric estimation of conditional residual quantiles. Paul Janssen e Noël Veraverbeke
13:30 h.- Fin da sesión de mañá
14:00 h.- Comida
15:15 h.- In memoriam: Carmen Cadarso. Wenceslao González Manteiga, Geert Molenbergs, Francisco Gude e Klaus Ebert
15:40 h.- Dependent censoring based on parametric copulas. Ingrid Van Keilegom
16:25 h.- Nonparametric estimation in mixture cure models with covariates. Amalia Jácome (traballo conxunto con Yingwei Peng e Ana López Cheda)
17:10 h.- An update on multitaper spectral analysis. Emery Brown
17:55 h.- Peche da xornada
A investigadora
Ingrid Van Keilegom é catedrática de Estatística e Investigación Operativa da Katholieke Universiteit Leuven (Bélxica). Recentemente, xunto cos investigadores do CITIC Ana López Cheda, Ricardo Cao Abad e María Amalia Jácome Pumar, recibiu o Premio á Mellor contribución metodolóxica no campo da Estatística da edición de 2021 polo seu artigo Estimación non paramétrica de incidencia e selección de ancho de banda Bootstrap en modelos de cura mestura.
Ingrid Van Keilegom (nada o 24 de decembro de 1971 en Amberes) é tamén profesora extraordinaria na Université Catholique de Louvain. Os seus intereses de investigación inclúen análise de supervivencia, erros de observación, econometría e estatísticas non paramétricas.
Van Keilegom foi nomeada membro do Instituto de Estatística Matemática en 2008 “polas súas contribucións á teoría e á metodoloxía estatísticas, especialmente no ámbito da regresión semi e non paramétrica, a análise de supervivencia e os métodos de probabilidade empírica”. [Tamén foi membro da Asociación Estadounidense de Estatística desde 2013.

PUBLICIDADE