O CITIC acolle a presentación do equipo IT de MasMovil
luns, 26 de setembro do 2022
O
Centro
de Investigación en TIC da Universidade da Coruña, CITIC, acolleu
este pasado 20 de setembro a presentación online do equipo IT
do grupo MasMovil, unha actividade organizada no marco da Cátedra
R en Ciberseguridade UDC-UVigo.
O
director do CITIC, Manuel Penedo, foi o encargado de inaugurar o acto
e dar paso a Ravin Dhalani e Mikel Fernández, membros do equipo de
IT do grupo. Ambos presentaron ao alumnado o departamento de
desenvolvemento de software da compañÃa e afondaron nas
posibilidades que existen de formar parte do seu equipo.
Esta
iniciativa estivo especialmente dirixida a alumnas e alumnos de
Informática da UDC e da UVigo que estean interesados en realizar os
seu traballos Fin de Mestrado ou Fin de Grao neste grupo.