O Alpha 400 poderÃa ser o ultraportátil máis barato do mundo
luns, 26 de maio do 2008
Dende Hong Kong
chega un novo ultraportátil de baixo custo que promete ser o
máis barato do mercado, xa que se venderÃa só por 250 dólares a
usuarios finais ou a 180 dólares en pedidos de 100 equipos (resultando incluso
máis barato que o XO-1 do proxecto OLPC, que actualmente custa 188 dólares).
O Alpha
400 está baseado nun procesador XBurst de 32 bits a 400 MHz (con
arquitectura RISC), 128 Mb de RAM, entre 1 e 2 Gb de memoria SSD, 2 portos USB,
lector de tarxetas SD (de ata 32 Gb), unha pantalla de 7 polgadas a 800 x 480
pÃxeles e posibilidade de expansión a través dos seus portos USB, de xeito que
se lle poderá engadir Wi-Fi, Ethernet, banda larga móbil ou ADSL con distintos
accesorios.
O equipo mide 21,2 x 14,2 x 3,3 centÃmetros e pesa 700 gramos, resultando un
produto lixeiro e moi portátil que é capaz de navegar pola Internet, procesar
documentos ofimáticos e funcionar coma reprodutor multimedia (pois incorpora un
paquete de aplicacións de
Xiptech).