Nvsbl anuncia un tablet con Android 4.0 por só 219 euros
xoves, 23 de febreiro do 2012
Os
tablets con Android están a facer unha escalada de prestacións e prezos para
poder facer fronte á dominación do iPad, e como exemplo temos que para o
mes que vén vai pórse á venda o Nvsbl Dragon por só 219 euros, o que parece
bastante axustado para un tablet con procesador Cortex A8 con gráfica Mali 400,
1 Gb de RAM, pantalla IPS de 9,7 polgadas (un dos detalles nos que lembra
especialmente ao primeiro iPad), baterÃa de 8.000 mAh, un grosor de 9,8
milÃmetros e un peso de 650 gramos que segundo o seu fabricante, incluirá de
serie Android 4.0, polo que será un dispositivo económico e cun sistema
operativo actualizado, que combina unhas caracterÃsticas que o achegan ao
trebello de Apple, pero cun prezo moi inferior.
Este tipo de dispositivos non parece xogar na mesma división que o iPad
(especialmente se son certas as especificacións que se van filtrando do iPad
3), pero supoñen unha excelente opción para os usuarios que nin queren casar
con Apple, nin queren facer un investimento nun tablet que superarÃa ao que
custa un ordenador portátil, pois en moitos casos (por exemplo, para ver
páxinas web e reproducir vÃdeos) as prestacións dun tablet básico serán máis
que suficientes.