Novo número da nosa edición impresa

xoves, 20 de marzo do 2025 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do XIII Día das Rapazas nas TIC que se celebra o vindeiro 24 de abril. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O Goberno destina 23 millóns para ampliar a conexión 5G en 191 concellos do rural
– O CITIC únese ao IAACSIC na investigación de exoplanetas e estrelas con IA
– Logicmelt presenta un proxecto pioneiro para mellorar con IA a seguridade en recintos
– O encontro Erros x Aprendizaxes marca o rumbo a seguir en materia de ecommerce
– Chega MiniTales, unha IA de contos personalizados creada polo galego David Pena
– Preséntase un sistema pioneiro para a dixitalización de viñedos no Ribeiro
– O CPEIG e Educación premian a paixón pola informática do noso alumnado
– O CPEIG avoga por unha meirande formación en tecnoloxías das autoridades xudiciais
– AMTEGA porá en marcha unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos
– O vehículo autónomo galego participará nos proxectos de Retech sobre ciberseguridade
– GAIN apoia un proxecto de Gradiant destinado a afrontar con IA o reto das feridas crónicas
– Coral Calero debullou no CITIC os riscos de non apostar por unha IA sustentábel
– Entrevistamos aos membros do podcast A actualidade está sobrevalorada
– Rapa e As Neves, grandes triunfadoras da gala dos XXIII Mestre Mateo
– O programa Falamos+ dinamiza o galego nunha decena de centros educativos
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– atlanTTic presenta un videoxogo que mellora a detección temperá do deterioro cognitivo
– Lugo acolle unha mostra que combina pintura, escultura, VR e neurociencia