Novatel engade pantalla táctil ao seu novo MiFi 4G
luns, 10 de decembro do 2012
Os puntos de acceso móbiles, que permite tomar unha conexión
de banda larga móbil e compartila a través de Wi-Fi, evolucionan co Novatel
MiFi Liberate, dispositivo que, aparte de contar con conectividade LTE (4G)
e permitir compartir a conexión con ata 10 persoas, destaca por contar cunha
pantalla táctil capacitiva LCD de 2,8 polgadas, o que permite, entre outras
cousas, comprobar os dispositivos cos que está conectado, o estado da conexión
ou o uso de datos.
Este dispositivo conta cun lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb de xeito que
pode facer de servidor multimeida de música, fotografÃas e vÃdeo mediante DLNA,
ten unha baterÃa de 2.900 mAh que achégalle unha autonomÃa ata 11 horas e, nas probas realizadas por
Mashable, rexistrou velocidades de conexión bastante boas (preto dos 20
Mbps de media tanto de baixada coma de subida). O trebello mide 102,9 x 73,1 x
8,6 milÃmetros e pesa 120 gramos, e polo momento a súa comercialización está
limitada ao mercado norteamericano, onde AT&T véndeo por 49,99 dólares cun
compromiso de permanencia de 2 anos nun plan de datos LTE.