Nokia renova o seu terminal 3110 facéndoo ecolóxico

mércores, 5 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Durante a conferencia mundial de Nokia na que participaron uns 2.700 delegados da empresa, o fabricante finlandés presentou un produto deseñado pensando no medio ambiente, pois se trata do Nokia 3110 Evolve, un terminal fabricado con boa parte do seu material reciclable (incluso no embalaxe) que non só busca causar poucos refugallos, senón que tamén emprega un 94% menos da enerxía necesaria para cumprir coas normas Energy Star.
O Nokia 3110 Evolve corresponde a un terminal de gama baixa, cunha cámara de 1,3 Mpíxeles, reprodutor musical, lector de tarxetas SD, Bluetooth e radio FM, polo que só destaca pola súa orientación ecolóxica.

PUBLICIDADE