No verán chegan novas coleccións de coloridas fundas para o portátil

luns, 26 de xullo do 2010 Raquel Noya

Port Designs, o fabricante de accesorios para ordenadores portátiles e outros dispositivos electrónicos, vén de presentar, para este verán, dúas novas familias de fundas para o noso ordenador, que encherán de cor e deseño os nosos lugares de traballo e ocio, sen deixar de lado o coidado do medio ambiente.
Trátase das fundas ecolóxicas Chicago Eco Skin e as coloridas Delhi, a última aposta do fabricante para transportar todo tipo de portátiles con total confianza e seguridade.
Fabricadas en nylon PET, un material elaborado a partir de botellas de plástico recicladas, as fundas Chicago Eco Skin están reforzadas cunha escuma protectora para aillar o portátil dos golpes e rabuños, ao que tamén contribúe o acabado interior, en material suave (nyflex de cor verde).
Grazas ao seu formato compacto, caben perfectamente dentro dun maletín e preséntanse en catro tamaños diferentes, compatibles cos principais formatos de pantalla do mercado: 10-12”, 13-14”, 15-16” e 17-18”.
Por outra banda, a familia de fundas Delhi está fabricada en neopreno negro resistente ás manchas, combinado con alegres cores (rosa, azul, gris ou amarelo) que decoran as costuras e o interior.
Teñen un moderno deseño, que lles proporciona unha divertida forma lixeiramente redondeada nos extremos. As fundas Delhi péchanse mediante cremalleira dobre de cores con orixinais tiradores de goma e están dispoñibles en tres tamaños diferentes: 10-12”, 13-14” e 15-16”. O modelo negro e gris fabrícase tamén para pantallas máis grandes de 17-18”.
As fundas Delhi, ao igual que as ecolóxicas custan a partir de 15,99 euros, ata 22,99 €, dependendo do tamaño, e estarán á venda a partir do vindeiro mes de setembro.

PUBLICIDADE