Nikon presenta unha nova cámara sen espello
xoves, 9 de agosto do 2012
Nikon leva uns meses comercializando cámaras sen espello con
obxectivos intercambiables, e en setembro vai incorporar un novo membro á familia,
a Nikon
1 J2, que terá un prezo de 549,95 dólares nos EE.UU. (máis económica que a
meirande parte das cámaras deste tipo) e que contará cunha pantalla LCD de
921.000 pÃxeles, un novo corpo metálico e un modo creativo que permite elixir
entre varios modos de disparo: panorámica, color selectivo, miniatura,
suavizado, paisaxe nocturna, retroiluminación e retrato nocturno. A cámara ten
un sensor CMOS de 10,1 MpÃxeles, procesador Expeed 3 (que permite disparar ata
10 imaxes por segundo), sistema de enfoque automático cunha matriz de 73 puntos
e gravación de vÃdeo en alta definición a 1.080p.
Nikon tamén anunciou que en setembro vai comercializar a carcasa somerxible
WP-N1, cun prezo de 749,95 dólares, que será compatible coas cámaras Nikon 1 J1
e J2, facilitando o seu uso para actividades na praia ou durante a práctica de
deportes acuáticos, xa que protexerá a cámara da auga ata unha profundidade de
40 metros.
- A Nikon 1 J2 incorpora unha pantalla de 3 polgadas de 921.000 pÃxeles