Nieves Brisaboa, nomeada coordinadora do Plan Andaluz de I+D+i no ámbito das TIC

xoves, 24 de setembro do 2020 Redacción

Nieves Brisaboa nunha imaxe de Miguel Miramontes/Roller Agencia

A investigadora do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) Nieves Brisaboa foi nomeada recentemente coordinadora no ámbito das novas tecnoloxías da información do Plan Andaluz de I+D+i, principal instrumento de programación, coordinación, dinamización e avaliación da política de I+D+i de Andalucía. Nieves Brisaboa exercerá as súas funcións de coordinación en calidade de presidenta da área de avaliación de Tecnoloxías da Información da Dirección de Avaliación e Acreditación (DEVA) da Axencia Andaluza do Coñecemento.
A Axencia Andaluza do Coñecemento, que se enmarca na Consellería de Transformación Económica, Industria, Coñecemento e Universidades da Xunta de Andalucía, ten o obxectivo de garantir e promover a calidade do sistema universitario da Comunidade Autónoma. Así, presta servizos relacionados para a tramitación e execución de programas e actuacións vinculadas á formación avanzada, ao fomento da innovación e a programas de formación universitarios.

PUBLICIDADE