Netgear presenta un router con servidor Plex integrado
mércores, 19 de outubro do 2016
Definido como o router máis rápido do mundo Netgear presenta
o Nighthawk
X10, un impresionante produto que non se conforma con combinar as
tecnoloxÃas 802.11ac e a 802.11ad, o que permÃtelle sumar velocidades Wi-Fi de
até 7,2 Gbps, que graza a contar cun potente procesador de catro núcleos a 1,7
GHz convértese tamén no primeiro router do mercado en integrar un servidor
Plex, ou sexa, que pode aproveitarse para servir contidos multimedia a distintos
dispositivos cunha interface gráfica moi atractiva e grandes utilidades,
creando o que poderiamos definir como un Netflix
doméstico.
Este router con 4 antenas proporciona unha grande experiencia multimedia, sendo
capaz de manexar con problema varios fluxos de vÃdeo 4K, xogos de realidade
virtual ou descargas a altas velocidade, procurando sempre maximizar o alcance
e o rendemento da súa conectividade sen fÃos. A maiores tamén podemos comentar
que pode configurarse comodamente a través da aplicación móbil NETGEAR Up, que
conta con 7 portos Gigabit Ethernet e 2 portos USB 3.0, que está preparado para
facer copias de seguridade na nube de Amazon Drive, e que ten potencia dabondo
para poder dar servizo a máis de 20 dispositivos.
O
prezo deste produto nos EE.UU. é de 499,99 dólares, polo que estamos ante
un trebello que acompaña as súas elevadas prestacións cun prezo igualmente
elevado, de aà que estea lonxe do alcance da meirande parte dos fogares e
oficinas que poderÃan beneficiarse do seu rendemento.
- O router Netgear Nighthawk X10 está preparado para poder xestionar varios streamings de vÃdeo en ultra alta definición
VÃdeo de presentación do novo router de Netgear