MiiPC, un ordenador baseado en Android centrado no control paterno
martes, 26 de marzo do 2013
ZeroDesktop iniciou un proxecto
en Kickstarter consistente nun pequeno ordenador baseado en Android 4.2 que
pretende servir para xogar, ver vÃdeos, editar documentos e correr aplicacións
para Android coas vantaxes de ter un prezo moi reducido (99 dólares) e estar deseñado
pensando especialmente en manter un control paterno do equipo a través das
distintas contas de usuarios que incluso poden xestionarse a través do móbil (para
o que contará con aplicacións para iPhone e Android). Este MiiPC non só pode conectarse a un monitor para
empregalo como un ordenador ordinario, senón que tamén pode utilizarse no
televisor (a través de HDMI) de xeito que servirÃa para funcións de reprodución
multimedia ou para acceder a contidos de vÃdeo en liña.
- O control paterno do MiiPC poderá exercerse comodamente a través do smartphone
Con MiiPC os pais poden saber o tempo que os seus fillos pasan en cada páxina
web ou aplicación, podendo tamén establecer distintos lÃmites de uso,
permitÃndolles respirar máis tranquilos que deixando aos seus cativos diante
dun ordenador ordinario.
Este ordenador compacto funcionará cun procesador Marvell Ne Armada de dobre
núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante SD e USB), Wi-Fi N, Ethernet, Bluetooth 4.0, 2 portos USB 2.0, tomas
para altofalantes e micrófono e saÃda HDMI a 1.080p/720p. Tamén poderá
funcionar como receptor de Miracast (para, por exemplo, amosar no televisor
contidos cargados no tablet ou no móbil) e incluirá software precargado como
reprodutores multimedia e o paquete ofimático de KingSoft.
O proxecto de Kickstarter completou o seu financiamento en moi pouco tempo, e
estÃmase que entre maio e xuño cheguen as primeiras unidades aos seus
compradores, para producirse en xullo-agosto unha segunda remesa de unidades
(aÃnda que os compradores menos rápidos terÃan que esperar ao mes de setembro
para recibir o seu MiiPC).
- O MiiPC ofrece unha experiencia de uso moi semellante á dun ordenador tradicional grazas ás posibilidades de Android 4.2