MediaTek presenta a súa solución para levar a dobre SIM 5G a móbiles de gama media
martes, 18 de agosto do 2020
AÃnda que inicialmente entendÃase que a incorporación da
conectividade 5G nun smartphone supoñÃa un sobrecusto duns 100 euros, ese marco
parece limitado a dispositivos con procesadores Qualcomm de alta gama, xa que os procesadores Dimensity de MediaTek
están a mudar substancialmente a situación, e asà temos como en China poden
gozar de terminais como o Realme
V5 5G que con 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento, baterÃa de 5.000 mAh
con carga rápida de 30 watts e un procesador Dimensity 720 véndese por só 1.899 iuans (169
euros), o que hai uns meses parecerÃa imposible.
Para continuar avanzando nesta liña MediaTek presenta agora o procesador Dimensity
800U, que consegue un bo rendemento e mantén un prezo axustado para chamar á
súa integración en móbiles de gama media, e como principal reclamo para o seu
uso está o feito de que soporta conectividade 5G para dobre SIM, atendendo asÃ
a unha demanda moi frecuente en moitos territorios afeitos a poder empregar
varios operadores (por mor da disparidade de coberturas) ou para poder levar
nun único dispositivo a liña móbil persoal e a do traballo.
O MediaTek Dimensity 800U está fabricado nun proceso de 7 nanómetros, conseguindo
un bo desempeño minimizando o consumo enerxético, ten 8 núcleos (2 procesadores
A76 a 2,4 GHz e 6 procesadores A55 a 2,0 GHz), unha gráfica Mali-G57, unha
unidade de procesamento especÃfica para intelixencia artificial (APU) e soporte
para memoria RAM LPDDR4x. Tamén soporta pantallas Full HD+ a 120 Hz, asà como o
estándar HDR10+; pode controlar cámaras de até 64 MpÃxeles (e configuracións de
cámaras traseiras cuádruplas) e tamén conta con optimizacións para asistentes de
voz e tecnoloxÃa de redución de ruÃdo para dispositivos con dobre micrófono.
Estamos ante un procesador moi interesante, que tardará meses en chegar ao
mercado, pois aÃnda estamos a recibir moi lentamente aos resto de membros da
súa familia (os procesadores Dimensity 720, 800, 820 e 1000), que poderÃan xogar
un rol moi importante no futuro de Huawei agora que o fabricante chinés non
pode fabricar novas versións dos seus procesadores Kirin e ten atrancos para
mercar procesadores de Qualcomm.