Martina Aneiros salienta a formación e a colaboración como claves ante os ciberataques

xoves, 9 de maio do 2024 Redacción

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na apertura da xornada Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra, onde destacou a capacidade de resposta da Administración autonómica nesta materia. Unha capacidade que, sinalou, «radica nun bo adestramento e formación do persoal empregado público e nunha visión estratéxica fundamentada na colaboración».
Aneiros enumerou os recursos e información que a Xunta ten a disposición das empresas nesta materia, dispoñibles a través do portal Ciber Seguridade Galicia e animou aos participantes no evento a facer uso das mesmas e seguir formándose a través da programación dispoñible no centro Gaistech e na Rede de Aulas CeMIT.
Na charla, impartida polo CEO da empresa 2ksystems, Pablo Rivera, tomaron parte unha decena de persoas, entre autónomos e pequenos empresarios. Esta acción formativa intégrase na programación gratuíta que a entidade oferta anualmente aos seus asociados.

PUBLICIDADE