Marcelo Castelo presentará mañá o seu último libro na Coruña

mércores, 11 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

Marcelo Castelo, profesional con grande relación no ámbito TIC galego (ocupou a dirección xeral de San Luís Informática, foi conselleiro delegado de Alcatraz Solutions e de Professional Training, dirixiu o foro e-Gallaecia e tamén estivo detrás da TechBusiness Week), presentará mañá ás 20:00 horas no forum da FNAC da Coruña o seu libro El cliente ha muerto... ¡viva el cliente! da Editorial Rasche. Acompañará a Castelo no acto o ex-rector da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Rede Emprendía, Senén Barro Ameneiro.
O acto de presentación é de balde até completar aforo, e servirá para que ilustrar aos asistentes sobre a visión de Castelo sobre a xestión de equipos e bens de cara á venda de servizos no século XXI, temática que aborda o seu último libro, que contén numerosas mensaxes e ferramentas que o lector pode aprehender para a venda de intanxibles con eficacia e solvencia.

Prólogo do libro en formato PDF

O texto reparte nos seus doce capítulos historias e anécdotas cun estilo literario pouco habitual neste tipo de publicación. O autor pon en dúbida que agora o cliente sexa o rei e que deba loitarse pola consecución de clientes, considerando que o vendedor pode mudar a situación centrando a acción na venda.

Castelo xogou un importante papel na organización de eventos do sector TIC galego como a TechBusiness Week

PUBLICIDADE