Lytro presenta a súa nova cámara fotográfica con reenfoque e sensor de 40 Megaraios
martes, 22 de abril do 2014
As cámaras Lytro achegaron a
innovación de poder enfocar as imaxes despois de captalas, pero este tipo
de dispositivos non parecÃan querer ir máis aló dunha anécdota, e as súas
funcionalidades foron emuladas por software en aplicacións de
Nokia e Google,
o que non desanimou á compañÃa para continuar a mellorar a súa tecnoloxÃa,
ofrecéndoa agora nunha cámara máis convencional, a Lytro Illum, que vén
de abrir o seu proceso de reserva a un prezo bastante prohibitivo: 1.499
dólares.
AÃnda que o prezo desta cámara parece un tanto esaxerado, cómpre lembrar que a
primeira Lytro, que practicamente era un xoguete sen apenas controis e cunha
resolución de 11 Megairaios, xa custaba 399 dólares, polo que algúns poderán
considerar que a exclusividade e a experiencia que achega a ILLUM e o seu
sensor de 40 Megaraios poida compensar o seu elevado prezo.
A cámara non só mellorou en resolución, senón que agora tamén incorpora un
obxectivo de 30-250 mm cunha apertura de f/2.0 e un macro 1:3 e unha xenerosa
pantalla táctil de 4 polgadas para ter un bo control. Amais, os que reserven
esta orixinal cámara de Lytro poderán participar nunha
competición fotográfica exclusiva na que porán a proba a tecnoloxÃa de
Lytro nas súas composicións e optarán a facerse con algunha das viaxes
fotográficas (acompañadas de certa dotación económica para gastos) que
determinarán os patrocinadores da competición.
VÃdeo promocional da cámara Lytro Illum