Lorenzana reúnese con DIHGIGAL para valorar os avances na dixitalización empesarial galega

xoves, 14 de setembro do 2023 S. P.

Co gallo de avaliar os avances que se están a realizar na dixitalización das actividades produtivas das empresas galegas, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantiña un encontro co equipo directivo de DIHGIGAL, o hub de innovación dixital para a industria de Galicia.
DIHGIGAL (Digital Innovation Hub Industrial de Galicia) achega os seus servizos de asesoramento e formación cara ás cadeas de valor de sectores como a automoción (CEAGA), o naval (ACLUNAGA), o agroalimentario (CLUSAGA), o das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), o forestal ou o téxtil agrupando a preto de 550 socios. Dende este centro de innovación explicaron a súa situación e os seus proxectos futuros á conselleira, quen ratificou o apoio do Goberno galego para que este tipo de infraestruturas se fortalezan e poidan seguir impulsando a transformación dixital das pequenas e medianas empresas galegas.

PUBLICIDADE