Logitech merca Blue Microphones

martes, 31 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos anos a marca Blue conseguiu facerse todo un nome cos seus micrófonos Blue e Snowball, de grande sona entre creadores de podcasts e músicos, e dende Logitech souberon ver a oportunidade e pecharon un acordo de compra pola compañía Blue Microphones para acelerar o seu crecemento neste ámbito, completando así a súa actual liña de produtos, que inclúe webcams e accesorios de audio e para gaming.
A compra de Blue Microphones por parte de Logitech pechouse por 117 millóns de dólares en efectivo, e non se limitaría á marca e ao catálogo de produtos de Blue, senón que o equipo da compañía tamén pasará a traballar para Logitech, de xeito que as compañías unen así forzas para desenvolver cada vez mellores produtos para un mercado de consumo cada vez máis esixente.

Vídeo co que Logitech celebra a compra de Blue Microphones

PUBLICIDADE