Lenovo supera a Xiaomi en vendas de móbiles grazas á absorción de Motorola

luns, 3 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Yuanqing Yang, director xeral de Lenovo, na <a href="https://twitter.com/Yuanqing_Lenovo/status/528036430841671680/">rolda de prensa na que fan oficial a adquisición de Motorola</A>A semana pasada comentamos que Xiaomi xa era o terceiro fabricante mundial de smartphones, seguido por Huawei e Lenovo, pero pouco durou a boa nova para o fabricante chinés, xa que tras consolidarse a compra de Motorola por parte de Lenovo, enténdese agora que tal posto corresponde á compañía resultante, ou iso asegura Rick Osterloh, presidente de Motorola, quen chanceou en Twitter dando os parabéns a Xiaomi para engadir que coa fusión con Lenovo roubábanlle a súa posición no mercado.

Yuanquing Yang amosando o seu identificador de Motorola, compañía que pasa oficialmente a formar parte de Lenovo dende a semana pasada

Segundo IDC, Xiaomi tería distribuído 17,3 millóns de teléfonos no terceiro trimestre do ano, conseguindo un terceiro posto, superando os 16,9 millóns de móbiles de Lenovo, pero resulta que as vendas de Motorola estarían segregadas en outros por non ter o volume suficiente para destacar nos primeiros postos, pero que chegarían para darlle a Lenovo o pulo suficiente para progresar unha posición (aínda que non chegan a publicar o número exacto de unidades comercializadas).
Cómpre destacar que o terceiro posto en volume de vendas de smartphones está máis rifado que nunca, cunha distancia moi curta entre Xiaomi, Lenovo e LG, grazas tanto ao crecemento constante de Xiaomi como dunha boa recuperación de LG, mentres que compañías como HTC desaparecen da primeira liña pese a fabricar algún dos terminais insignia.

PUBLICIDADE